Xosé Cobas Gómez
Procedo do mundo da pintura (1977 primeira mostra individual).

A comezo dos anos 80 compaxino a pintura e a escultura co deseño gráfico e a ilustración en prensa (La Voz de Galicia, 1981/93), revistas e libros.

A partir de 1988 centro a miña actividade como ilustrador no campo da literatura infantil e xuvenil.

Dende 1991, Diseñador Gráfico da Deputación de A Coruña.

Revistas como, CLIJ nº116 (1999), PEONZA nº49 (1999), FADAMORGANA nº 4 (2000), MALASARTES (Portugal, 2009) interésanse polo meu traballo. Na revista de banda deseñada GOLFIÑO publico un traballo secuenciado de catro números en colaboración con Xabier P. DoCampo. Formo parte do grupo de redacción da revista de arte e literatura infantil e xuvenil BLOC.

Colaboro no deseño conceptual e gráfico do filme A CASA DA LUZ.
PREMIOS:
- F.T.E.N. ao mellor libro de teatro ilustrado no ano 2002.
- LECTURAS ao ilustrador máis votado polas bibliotecas galegas 2003.
- WHITE RAVENS da Biblioteca Internacional de Múnic 2003.
- WORLD COOKBOOK AWARDS ao mellor libro de literatura gastronómica en lingua española. Oslo 2004.
- WHITE RAVENS da Biblioteca Internacional de Múnic 2005.
- Seleccionado para representar a España na BIENAL INTER-NACIONAL DE BRATISLAVA, anos 2003 e 2007.
- Seleccionado para representar a España en ILLUSTRAZIONE E GRAFICA, Italia.
- ISAAC DÍAZ PARDO ao mellor libro ilustrado en Galicia no ano 2008.
- Seleccionado para representar a España no Congreso Iberoamericano de Ilustración en 2013 (Colombia).
- Premio Neira Vilas 2014 co álbum "A pantasma da casa da Matanza". Biblos.
- Elixido por Fervenzas Literarias:
-- Mellor ilustrador do ano 2015.
-- Mellor capa de libro infantil/xuvenil para "Lendo lendas, digo versos" de A. Reigosa/A. García Teijeiro, 2015.
-- Mellor capa de libro para adultos para "O último día de Terranova" de Manuel Rivas, 2015.
-- Libro ilustrado; GALA DO LIBRO GALEGO 2016
- Seleccionado para representar a España na Bienal Internacional de Bratislava, 2017.
- Como Tú. White Ravens. Biblioteca Internacional de Munich, 2019.
- Homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra, 2022
- Nominado ao Premio Nacional de Ilustración, 2022

EXPOSICIÓNS:
- Galicia Solidariedade (GALIX – Xunta de Galicia). Itinerante Galicia, anos 90.
- As cores do vento. Xunta de Galicia. Itinerante Galicia, anos 90.
- Tercer centenario de Caperucita Roja. OEPLI (Madrid). Itinerante España. 1998.
- El ratoncito Pérez. OEPLI (Madrid). Itinerante España. 2000.
- Salón do Cómic da Coruña. 2003.
- Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Anos 2001, 2002, 2003 e 2004.
- Bienal Internacional de Bratislava. Anos 2003 e 2007.
- Exposición de Ilustración Infantil e Xuvenil Española Contemporánea en Roma, Bolzano, Nápoles, Cagliari e Venecia. Anos 2005 e 2006.
- Exposición Vaidemar, Gálix-Xunta de Galicia. Valencia, Bretaña (Francia), Santiago de Compostela, Cambre (A Coruña), Pontevedra e Porto (Portugal). 2005-09.
- Exposición O Álbum Galego. 25 miradas para unha década. Pontevedra e Santiago de Compostela. 2008.
- Homenaje a Montserrat del Amo. Madrid, 2008
- Homenaxe a Juan Farias. Oepli. Madrid (itinerante) 2011, 2012.
- El espacio mágico. 25 años de la revista Peonza, 25 años de ilustración en España. Santander, 2012.
- A que sabe este libro. 36 Salón del libro infantil de Madrid, 2013.
- Homenaje a Jordi Sierra i Fabra. Madrid, 2013.
- Platero. Madrid, 2014/15
- Espacio Kalandraka. Madrid, 2015.
- Galería Sargadelos. Compostela, 2016.
- Ilustrando Galicia. A Coruña, 2016/17
- A Ilustración compartida: exposición antolóxica de ilustración na Sala de Exposicións do Kiosco Alfonso da Coruña, 2017.
- Libros que tienden puentes. Salón del libro Infantil de Madrid, 2017/18.
- Un sol de libros. Salón del libro Infantil de Madrid, 2018/19.
- Libros que dan la vuelta al mundo. Salón del libro infantil de Madrid, 2019/2020.
- Homenaje a Juan Ramón Alonso. Madrid, 2022
- Cen anos de Literatura infantil e xuvenil galega. Biblioteca de Galicia. Compostela, 2022-2023
cobas